Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo toma vantaxe na primeira eliminatoria polo título contra o Lleida (3-2)

O Liceo toma vantaxe na primeira eliminatoria polo título contra o Lleida (3-2)

Os coruñeses sumaron o primeiro punto nunha eliminatoria ao mellor de tres

Se gañan o segundo asalto en Lleida, estarán nas semifinais

G24.gal 16/05/2026 21:21

Vitoria do Liceo no primeiro partido fronte ao Lleida nos cuartos de final polo título da OK Liga.

Nuno Paiva abriu o marcador para os coruñeses nada máis comezar no pazo de Riazor. Axiña empatou o Lleida cun gol de Moncusí que devolveu atas táboas ao marcador.

E aínda que o Liceo chegou acadar unha vantaxe de 2 goles, grazas ao acerto do compostelán Bruno Saavedra, o certo é que non o tivo sinxelo, porque Moncusí faría o 3 a 2 a dez minutos para o final, e o equipo e Juan Copa defendeu os puntos nun final de partido apretadísimo con boas intervencions dos porteiros locais Blai Roca e Martín Gabarroa.

O Liceo pasará a semifinais se gaña en Lleida no segundo partido,  se non, haberá unha terceira cita en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade