O Liceo non pode cun Porto superior e di adeus á liga europea (2-6)
Os de Juan Copa mereceron máis na primeira metade pero foron claramente superados na segunda
A actuación dos ex liceístas Xavi Malián e Carlo di Benedetto foi chave para o triunfo luso
@HockeyClubLiceo
Os liceístas levaron o peso do partido na primeira metade aínda que resultou igualada e con moitas ocasións sendo os grandes protagonistas os dous porteiros: o liceísta Blai Roca e o ex do Liceo, agora no conxunto portugués, Xavi Malián. A catros minutos do final os coruñeses adiantáronse no marcador grazas a un gol de Nuno Paiva pero non puideron aguantar a vantaxe ata o descanso. A dous minutos do final outro ex do Liceo como Di Benedetto igualaba o partido.
Pero na segunda parte o dominio dos portugueses foi total. Guiados pola conexiñon entre Di Benedetto e o arxentino Ezequiel Mena , autor dun tanto cada un, sumado ao de Rafa Soares, colocaron un claro 4-1 no marcador. A seis minutos do final Toni Pérez forzaba un penalti que César Carballeira transformaba e abría a porta da remonta os coruñeses. Pero acto seguido unha xenialidade do arxentino Mena dilapidaba as opcións para os galegos. Nos segundos finais Rafa Soares acadaba o sexto tanto que certificaba o adeus do Liceo á máxima competición continental.