Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yoel Lago: "Estiven amolado polos penaltis, pero sabía que ía ter máis oportunidades e ía facelo ben"

Yoel Lago: "Estiven amolado polos penaltis, pero sabía que ía ter máis oportunidades e ía facelo ben"

O central do equipo vigués estivo na Crónica deportiva da Radio Galega para avaliar o momento que está vivindo no persoal e no colectivo

Fixo autocrítica polos erros cometidos pero apuntou que soamente ten vinta e dous anos e está debutando na máxima categoría

@rccelta
G24.gal 06/05/2026 21:07

"A vitoria doutro día deulle un aire fresco ao equipo. Necesitabamos esa vitoria despois da mala xeira de resultados. No tema persoal cada vez máis contento, con máis protagonismo. Claudio e eu temos unha relación especial. Coñézoo ben e el tamén me coñece a min moi ben. Tanto eu coma os canteiráns temos un trato especial e estamos moi contentos".

"O mercado de inverno foi bastante largo. Eu tiña na cabeza que quería seguir no Celta, estaba mopi contento na miña casa aínda que non tiña moito protagonismo. Falouse de moitas cousas, houbo moitos intereses, non tanta oferta, pero eu tiña claro que quería seguir e o club tamén me axudou porque confían en min".

"Estiven fastidiado porque son dous penaltis que quedan aí e a xente fala. Sabía que ía ter máis oportunidades e ía facelo ben. Non deixo de ter vinta e dous anos e é a miña primeira temporada en Primeira División. Tentar aprender dos erros para mellorar".

"O equipo está ilusionado con voltar a Europa. Sería moi bonito repetir o do ano pasado porque xa sabemos que podemos facelo. Nós non pechamos as portas a nada. Gañando os catro partidos, quen sabe. Por que non soñar?".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade