Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta ficha ao internacional uruguaio Sebastián Cáceres ata o 2030

O Celta ficha ao internacional uruguaio Sebastián Cáceres ata o 2030

Chega procedente do América de México e a operación está cifrada en torno aos cinco millóns de euros

Claudio Giráldez acada con esta contratación o ansiado defensar para completar o cadro de xogadores

@rccelta @rccelta
G24.gal 01/09/2026 22:14

O Celta informou este luns de que chegou a un acordo co Club América de México para o traspaso do internacional uruguaio Sebastián Cáceres, que se converte en novo xogador celeste ata xuño de 2030, a expensas do recoñecemento médico. O central uruguaio chega a Vigo tras seis tempadas e media no conxunto azulcrema, onde superou os douscentos partidos oficiais e conquistou tres Ligas MX consecutivas, un Campión de Campións e a Campións Cup.

Formado no Liverpool de Montevideo, debutou como profesional en 2017 e deu o salto ao fútbol mexicano en xaneiro de 2020. Internacional absoluto con Uruguai desde 2022, disputou a Copa América de 2024 e formou parte da selección uruguaia no Mundial de 2026. Cáceres é o sexto reforzo estival do conxunto celeste tras Aleix Febas, Javi Galán, Abdoulaye Faye, Couhaib Driouech e o porteiro turco Altay Bayındır

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos