Claudio Giráldez : "Gustaríame que nos mantivésemos todos unidos "
O adestrador celeste dixo non ter nada que reprochar ao seu equipo aó remate do partido
Cualificou o partido coma o mellor da temporada do seu equipo a pesar do resultado
"Moi contento co partido que fixemos, é unha burrada de partido. Para min, unha exhibición e cando non entra pois o esqueceremos deica un pouco. Un partido de 5-0, creo que 5-0 a favor noso non sería inxusto na miña opinión"
"Remando, insistindo. Falabamos de que non finalizabamos, 23 remates a portería, tocamos a pelota 45 veces na área, o rival 6. Non se pode facer máis. Remar, que todo o mundo sume. Cando digo todo o mundo é todo o mundo"
"Gustaríame que nos mantivésemos todos unidos e confiásemos nos xogadores"
"Creo que temos xogadores con gol e temos que ter tranquilidade, seguir insistindo. Toda a xente que veu hoxe desfrutou dun equipo moi recoñecible, un partido nunha soa dirección que creo que é moi difícil atopar un partido no fútbol profesional con esta dirección, con este monopolio de partido e máis despois dun esforzo do xoves"
"Hoxe, acertando 1 de las 15 claras que temos no partido, colocariámonos/colocariámosnos 8º e iriamos ao parón dicindo que o equipo está a xogar ben. Que non entre a pelota pode variarte o resultado pero non a imaxe ou o que fas ou o que quere o equipo, o que intenta o equipo. Entendo que hoxe non haberá xente que diga que somos defensivos ou que non xogamos ao ataque ou que non xogamos ben ou que non xeramos. Imos intentar ser positivos e ver as partes boas que fai o equipo que son moitas. É outra portería a 0 por certo que non se comentou"