Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio: "Desde a xornada tres estamos demasiado negativos co equipo"

Claudio: "Desde a xornada tres estamos demasiado negativos co equipo"

Giráldez cita a Ángel Arcos e Milla para o duelo europeo co Unión Saint-Gilloise

Foto Europa Press
G24.gal 04/11/2026 14:44 Última actualización 04/11/2026 14:54

O extremo zurdo Ángel Arcos e o lateral camerunés Germain Milla son las grandes novidades na lista de convocados de Claudio Giráldez para o partido de mañá, xoves, contra o Royale Union Saint-Gilloise en la cuarta xornada da Fase Liga da liga Europa.

Claudio:  "É un dos mellores equipos que analizamos no que levamos de competición europea"

Ao técnico de Porriño, non lle gusta a negatividade da contorna.

"Desde a xornada tres estamos demasiado negativos co equipo"

"Creo que os xogadores e esta xeración merecen confianza. Creo moito no que facemos"

Ademais, o adestrador do Celta incluíu na convocatoria ao atacante Hugo González, a quen non ve para ser titular fronte ao conxunto belga pero si para saír desde o banco tras superar as molestias no aductor que sufriu o pasado sábado en Vallecas.

Os que non chegan ao partido de mañá son Borja Iglesias e Álvaro Núñez, que seguen con traballo individual. O internacional español recupérase dunha rotura no sóleo da perna esquerda e o extremo dereito dunha rotura fibrilar no aductor da perna esquerda. O central internacional sueco Carl Starlfet, que se lesionou o pasado 2 de outubro no partido que enfrontou á súa selección con Bosnia, tamén é baixa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade