Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta suma o seu segundo punto da temporada tras empatar en Anoeta (0-0)

O Celta suma o seu segundo punto da temporada tras empatar en Anoeta (0-0)

O partido tivo unha parte para cada equipo e os celestes dominaron na segunda metade

Radu foi o mellor xogador do Celta abortando as ocasións dos donostiarras no primeiro período

Problemas cara ao gol no equipo vigués que soamente suma un tanto despois de catro partidos

@rccelta @rccelta
G24.gal 03/09/2026 22:26

Traballado punto o que acadou o Celta en San Sebastián nun partido onde os locais foron mellores na primeira metade e os vigueses sentíronse superiores tras o descanso. Partido onde o cadro olívico recuperou a súa mellor versión na faceta defensiva pero no que voltou a amosar os problemas que ten para crear perigo cara a meta contraria. 

Na primeira metade o dominio foi txuri urdin. O Celta saiu ben pero co paso dos minutos a Real foi gañando peso no terreo de xogo. Radu convertiuse no mellor dos olívicos ao salvar remates de Jon Martín, Yangel Herrera e Mikel Oyarzabal. No deste último Kubo tivo a súa favor o rexeite pero incomprensiblemente mandou ó balín por riba do pau longueiro despois da intervención do meta romanés. 

Na segunda parte saiu máis enchufado o equipo de Claudio Giráldez que controlaba mellor os ataques dos donostiarras e ameazaba a área contraria. O canteirán Andrés Antañón gozou das dúas mellores ocasións pero non puido finalizar as súas chegadas. Os vigueses meteron unha marcha máis coa entrada ao campo do debutante Driouech e de Iago Aspas. E o de Moaña gozaría da mellor ocasión dos celestes no partido pero o seu remate foi chapado polo meta da Real Sociedade Alex Remiro.  Nos minutos finais o equipo vasco reaccionaría ante o dominio celeste e levaron perigo á área de Radu, provocando varios saques de esquina e chegaron a reclamar un posible penalti de Álvaro Núñez sobre Guedes que o colexiado García Verdura non consideou punible. 

Ao final xusto reparto de puntos e os celestes que tentarán buscar o próximo luns  a súa primeira vitoria da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos