Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna salva un empate en Balaídos ante o Tenerife (1-1)

O Celta Fortuna salva un empate en Balaídos ante o Tenerife (1-1)

Adiantou aos celestes Álvaro Marín cun gol de cabeza

Nacho Gil marcou para o Tenerife e errou un penalti no engadido

G24.gal 19/10/2026 21:17

Comezou moi ben o Celta Fortuna este encontro de luns, que pechaba a xornada ante o Tenerife. Os locais dominaron o balón na primeira metade e chegaron máis e mellor a portería rival. 

Así chegou o primeiro gol celeste no minuto 28, por medio de Álvaro Marín, que meteu un testarazo dentro da área logo dunha gran asistencia de Joel López. Parecía que o Fotuna tiña o partido onde quería, pero faltou rematar no marcador. Tiveron oportunidades para o segundo, pero ningunha acabou entrando na portería canaria.

Ademais do gol, nesta primeira metade hai que destacar tamén o cambio de Ribes, que tivo que ser substituído ao lesionarse nunha xogada do partido.

Pouco despois do regreso do tempo de lecer chegou o empate do Tenerife. Gol de Nacho Gil no minuto 49, que a piques estivo de marcar o segundo uns minutos despois. Nesta segunda metade o Tenerife saíu máis claramente a polo partido e ao Fortuna custáballe atopar aos seus dianteiros. 

Tivo a vitoria o Tenerife xa no tempo engadido, cun penalti provocado por Miller sobre Landázuri, que foi moi protestado polos xogadores celestes. Nacho Gil, que lanzou a pena máxima, esvarou no punto de penalti e o balón foi por fóra da portería. Con esta xogada rematou o partido en Balaídos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade