Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os empates e as baixas castigan o Deportivo

Os empates e as baixas castigan o Deportivo

O cadro coruñés non volveu gañar desde as lesións de Casadó, Aubameyang e Zaka

Nas primeiras nove xornadas xa leva cinco empates

G24.gal 19/10/2026 14:26

Todo ía sobre rodas na volta do Deportivo a Primeira. Da man dun Aubameyang implacable, que saía a gol por partido, o equipo de Antonio Hidalgo asinou unha primeira xeira do curso redonda. Pasada a quinta xornada, estaba invicto, con dúas vitorias e tres empates. Pero de súpeto todo cambiou. A derrota contra o Sevilla, na sexta xornada, trasladou o primeiro aviso. E de aí en diante apenas puido apañar dous empates.

O drama agardaba na seguinte cita, fronte ao Betis. Rescatou un punto, pero o prezo foi moi alto no plano físico: caeron Casadó, Aubameyang e Zakaria, e o Deportivo non volveu ser o mesmo. Perdeu eficacia, consistencia e confianza, e entrou nunha cadea de erros que ten o equipo varado. Hai mes e medio que non gaña un partido.

Doen, maiormente, os goles encaixados. Ningunha porta a cero. Unha sensación de fraxilidade agravada diante do Levante polo notable erro de Leo Román, que mesmo parece achegar dúbidas sobre o investimento máis forte do verán. O Deportivo desembolsou nove millóns polo porteiro balear.

Xa que logo, chegan as primeiras urxencias a Riazor, malia que a clasificación fale dun Deportivo cómodo na metade da táboa, en gran parte grazas aos réditos acumulados na primeira xeira do campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade