Unha pésima primeira parte condena ao Celta (0-2)
Balaídos mesmo asubiou no primeiro tempo
Debutaron Faye e Hugo González e marcharon no descanso
Berenguer e Robert Navarro marcaron en só dous minutos
O Celta mellorou no segundo tempo, pero non lle deu
Debutou Faye no centro da defensa e arriba Hugo González. Claudio volveu mudar o equipo e o Celta saiu a velas vir, como despistado e a merced da agresividade do Athlétic. Sen ideas arriba e frouxos, dubitativos atras. Irrecoñecibles. E aínda que Williot se encontrou cun agasallo no inicio, os vascos rápido tomaron o mando e marcaron as diferenzas. En dous minutos. Entre o 20 e o 22. Con goles de Berenguer e Robert Navarro. No primeiro gol, os galegos pediron falta na xogada a Carreira.
Como sería o desta primeira parte que Balaídos mesmo asubiou e Claudio puxo a quecer aos suplentes. O Celta non funcionaba. Pero o técnico gardou os cambios. E o Athlétic transitou sen problemas ata o descanso, agás un remate aillado de Jutglá que petou na madeira.
A segunda parte comezou cunha revolución celeste. Cun cuádruple cambio que sacaba do céspede a Javi Rodríguez, a Faye, a Moriba e a Hugo González e daba entrada a Yoel Lago, Rueda, Román e Aspas. Claudio recolocou a Álvaro como central dereito e os galegos trataron de ir arriba e marcar cedo para meterse na pelexa polos puntos. Starfelt puido facelo nun córner, logo Carreira tras un pase de Aspas, puido Jutglá e mesmo Aspas no minuto final. Pero nada. O Celta pagou as facilidades da primeira parte. E o Athlétic marchou cos puntos de Balaídos.