Publicador de contidos

Publicador de contidos

Epi quere illar os xogadores da "axitación" que hai na contorna do equipo

Epi quere illar os xogadores da "axitación" que hai na contorna do equipo

É consciente da expectación que levanta o partido que decide o ascenso: “Non levo a conta, pero creo que poderiamos encher dúas veces Sar"

G24.gal 06/05/2026 13:38 Última actualización 06/05/2026 13:49

O Obradoiro xoga o venres o partido máis importante das dúas últimas tempadas. Nun principio Diego Epifanio contará con todos os seus xogadores, pero é imposible que o equipo se ille do ambiente que se vive na cidade, polo que o traballo pode ser máis de mentalización que físico.

“Esa é a clave. Isto é unha semana máis de traballo. Evidentemente, a contorna, as expectativas, a prensa... Todo o que rodea ao vestiario ten unha axitación maior que na xornada catro, por dicir unha. Pero nós sabemos que o noso traballo ten que ser o de seguir mantendo o máximo foco de atención no vídeo, de intentar resolver todas as nosas dúbidas na pista, de que nos vai a esixir moita concentración e moito esforzo físico.

A expectación que esperta este último encontro ligueiro fai que as peticións de entradas sexan múltiples.

“Non levo a conta, pero creo que poderiamos encher dúas veces Sar, seguramente, pola petición de entradas de todo o mundo que quere vir, pero nós temos que centrarnos no que está nas nosas mans, que é traballar esta semana".

En canto ao rival, Guipúscoa, Epi cre que é un equipo que mellorou moito e do que ninguén pode fiarse. Epi podería lograr o seu cuarto ascenso a ACB.

O partido poderá seguirse en directo a través da G2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade