Cargando resultados...
O Monbús Obradoiro suma a terceira vitoria en Burgos (72-79)
Segundo triunfo a domicilio para os de Epi
Os santiagueses dominaron practicamente os 40 minutos
G24.gal
17/10/2026 22:57
O Mombús Obradoiro instñalase na zona alta da clasificación logo d consguir a súa terceira vitoria na pista do Recoletas San Pablo Burgos.
Foi unha vitoria de constancia, nun partido de anotación baixa, moito rebote e porcentaxes discretas. O mérito do equipo de Epi, que dominou case sempre, foi conter as tentativas de remontada do Burgos. A máis perigosa chegou no útimo vuarto, cun 66-68 da man de Doumbouya.
Pero sempre que o rival apertou, a reacción do Obradoiro foi fulminante. Daquela, dúas canastras de Joel Soriano aseguraron un triunfo merecido.
Barrueta e Barcello aportaron 13 puntos e Abogide, nun bo primeiro tempo, logrou 10.