Os números de Borja Iglesias reforzan a súa candidatura para o Mundial
O compostelán leva 13 goles, o cuarto máximo goleador español da Liga
O goleador do Celta recupera a súa mellor versión. Borja Iglesias leva dous partidos seguidos marcando. Contra o Elxe alcanzou a cifra de 13 goles. Contra o Vilarreal marcou de penalti á segunda oportunidade. Pero a súa achega vai máis alá dos goles e Giráldez pode contar co mellor Panda no treito final da Liga, o que tamén achegaría o santiagués a disputar o Mundial.
Giraldez: Leva tres partido seguidos marcando, é o noso máximo goleador"
Borja Iglesias atascárase despois de bater a Courtois a principios de marzo e tras a posterior expulsion contra o Lion. Un mes despois está entre os máximos goleadores españois, a tres goles de Lamine Yamal, a dous de Ferrán Torres e a un de Oyarzabal. O seleccionador, que acaba de estar en Galicia, ten que decidir a convocatoria en menos dun mes.
Luis de la Fuente: "Ten un comportamento con nós, fantástico no futbolístico e no humano. Esta aí"
Borja Iglesias acudiu ás tres últimas convocatorias. O próximo 4 de xuño a seleccion española xogará contra Irak en Riazor o último amigable antes de viaxar aos Estados Unidos. Aí saberemos se haberá representacion galega e do Celta, no Mundial.