O Liceo empata ante o Alcoi e proclámase campión da liga regular (4-4)
O punto acadado chega para refrendar o liderado pese a vitoria do Barcelona. Ambos equipos empatan a puntos pero os coruñeses son primeiros grazas ao goal average
Os herculinos aparcan a competición ligueira e xa se centran na Final 8 da Champions que comezarán o próximo mércores ante o porto
O Lleida será o rival nos cuartos de final polo título ligueiro
O Liceo rematou a liga regular na primeira posición tras empatar ante o Alcoi e facer os seus deberes. Os herculinos sabían que cun punto garantían esa posición e empataron ante o equipo alacantino. A vitoria do Barcelona serviulle aos culés para igualar a puntos cos liceístas pero o goal average particular fai que os de Juan Copa rematen primeiros, algo que non acontecía desde o ano 2013,.
Juan Copa decidiu dar descanso ao capitán César Carballeira pensando no compromiso europeo da próxima semana. A primeira metade resultou igualada. Tombita adiantou os coruñeses pero Ceschin empateo para o Alcoi. Na segunda metade o partido tivo máis ritmo. os herculinos foron por detrás dúas veces no marcador pero da man de arnau Xaus conseguiron darlle a volta para colocarse 4-3 a falta de catro minutos. Iago Vázquez igualaba para os visitantes cando restaba un minuto para o final. O Liceo tiña que enfriar o partido nese minuto para poder rematar coma líder e así o fixo para pechar unha igualada que o deixa como primeiro clasificado ao remate da liga regular.