O Liceo depende de si mesmo para estar na final de Coímbra
O equipo de Juan Copa precisa gañar ou empatar en Oliveira de Azeméis para non mirar outros resultados
O encontro será ofrecido en directo ás 20:30 horas pola G2 e AGalega.gal
O Liceo xógase mañá xoves (16 de abril) o pase á Final a 8 da Champions de hóckey sobre patíns. Farao no pavillón Dr. Salvador Machado de Oliveira de Azeméis, onde o conxunto adestrado por Juan Copa medirase ao Oliveirense na última xornada da fase de grupos.
Unha vitoria ou un empate na xornada final é crucial para garantir a clasificación sen depender doutros resultados. Así o analiza, Jacobo Copa, que esta semana renovou ata o 2028.
"Temos que gañar, non importa o resultado. Vai ir moita xente da Coruña".
Para tratar de incrementar as opcións de gañar do equipo, o Liceo organizou unha viaxe para que os afeccionados lles poidan acompañar a Portugal o día do encontro. O conxunto inclúe o desprazamento en autobús (algo máis de tres horas e media) e a entrada ao encontro por un prezo de 36 euros.
A última xornada será decisiva para que o Liceo sele a súa presenza na cita final que se celebrará na cidade portuguesa de Coimbra entre o 6 e o 10 de maio.
O encontro será o frecido en directo ás 20:30 horas pola G2 e AGalega.gal.