Cargando resultados...
Traballada vitoria do Liceo contra o Caldes, pechacancelas da OK Liga
O partido chegou sen goles ao descanso, pero resolvérono Dava Torres, Arnau Xaus e Nil Cervera
G24.gal
11/04/2026 22:48
Triunfo moi traballado do Liceo ante o pechacancelas da OK Liga.
O Caldes foi un digno rival. O equipo coruñés tivo que agardar á segunda metade para abrir o marcador. Aos seis minutos do reinicio Dava Torres facía o 1-0 culminando un contragolpe conducido por César Carballeira. E con esa mínima vantaxe entrou o partido na súa recta final. O Caldes buscou o empate, pero unha falta directa transformada por Arnau Xaus sentenciou o choque. Preto do remate Nil Cervera marcaba o tres a cero definitivo.
O Liceo segue de líder, con dous puntos de vantaxe sobre o Barça a falta de dúas xornadas.