Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruno Saavedra deixa o Liceo a un paso da final da OK Liga

Bruno Saavedra deixa o Liceo a un paso da final da OK Liga

O equipo galego impúxose por 4-1 ao Calafell no segundo partido das semifinais e viaxa a Cataluña con dous triunfos no peto

O santiaugés Saavedra marcou dous goles e volveu ser decisivo para a vitoria final

G24.gal 31/05/2026 14:03

O Liceo non falla en Riazor. O equipo coruñés gañou o segundo partido de semifinais e acudirá a Calafell cun dous a cero tranquilizador neste playoff ao mellor de cinco encontros. Catro a un foi o resultado, o mesmo do pasado venres.

Na primeira metade non houbo goles, pero sí moitas alternativas no xogo e traballo para os dous gardametas. Tampouco faltaron intres de tensión, tanto dentro como fóra da pista, con intercambios de pareceres que elevaron a temperatura do choque. Tralo lecer o Liceo recuperou a efectividade do primeiro partido. E apareceu Bruno Saavedra para inaugurar o marcador nunha contra ben resolta polo santiagués, quen tamén foi chave na xogada do dous a cero. Outro contragolpe no que asistíu a Dava Torres, quen non perdoou. Unha falta directa transformada por Joan Pujalte servíulle ao Calafell para soñar con meterse no partido.

Pero o Liceo respondeu uns segundos despóis co terceiro tento, obra de Toni Pérez. Recuperaba así a tranquilidade o equipo de Juan Copa. E máis aínda cando outra xenialidade de Saavedra levaba o catro a un ao marcador. Espectacular a súa transformación dunha falta directa para lograr o seu cuarto gol da eliminatoria. O vindeiro venres disputarse en Caslafell o terceiro encontro, no que os liceístas poderían pechar o pase a gran final.

Saavedra marcou cunha falta directa o definitivo 4-1
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade