Abdoulaye Faye xa é novo futbolista do Celta
Chega cedido do Bayer Leverkusen
O ano pasado disputou 17 partidos de Ligue 1 co Lorient
O Celta anunciou a incorporación de Abdoulaye Faye. O xogador senegalés chega procedente do Bayer Leverkusen en calidade de cedido. Xoga de central e o ano pasado disputou 19 partidos co Lorient da liga francesa, 17 en Ligue 1 e 1 de copa.
Faye é un central que destaca pola súa fortaleza defensiva, con capacidade para impoñerse no xogo aéreo e pola súa boa saída de balón, encaixando co perfil que buscaba Claudio Giráldez para apuntalar a zaga celeste.
O internacional sub-21 por Senegal chega ao club olívico e convértese na terceira fichaxe despois das de Javi Galán e Aleix Febas, ambos chegados como axentes libres. O Celta agora procura pechar a Bayindir, porteiro turco do Manchester United.
