Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na comunidade galega de Ceuta cualifican de invasión o vivido estes días na cidade autónoma

Na comunidade galega de Ceuta cualifican de invasión o vivido estes días na cidade autónoma

Merche Fariña preside o Centro Galego da cidade autónoma, en que viven medio milleiro de galegos

Consideran que as autoridades de Marrocos alentaron o proceso propagando a apertura das fronteiras 

Preocúpalle a xestión que se faga da crise con Marrocos, pero confía en que os veciños están condenados a entenderse

G24.gal 03/08/2026 15:10 Última actualización 03/08/2026 15:30

Merche Fariña é a presidenta do Centro Galego de Ceuta e non ten dúbida á hora de poñerlle nome ao que se viviu na cidade autónoma estes días.

"Isto é unha invasión, porque son 60.000 nunha cidade de 80.000 habitantes. Este é un problema moi serio; tocounos ser os porteiros de Europa".

Esta galega, que leva toda a sua vida vivindo en Ceuta e que está pendente de que todo se normalice para vir pasar a suas vacacións de agosto a Galicia coma todos os veráns, tampouco ten dúbidas á hora de valorar o papel das autoridades marroquís. 

"Se o amable veciño non abrise as portas e non se xeraran esas chamadas masivas polas redes sociais que as portas da fronteira estaban abertas de par en par, non nos veriamos nesta situación".

Merche Fariña dá por feito que as friccións fronteirizas van ser unha constante como en toda relación de vecindade, por iso considera fundamental a xestión que se faga desta crise para poder afrontar o futuro da cidade sen medo. 

"Medo, non, preocupación por como o vai xestionar o Goberno, sexa da cor que sexa. Marrocos é o noso veciño, igual que Portugal ou Francia e os veciños estamos condenados a levarnos ben e a entendernos". 

Imaxe de Ceuta nestes días de conflito migratorio Imaxe de Ceuta nestes días de conflito migratorio
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade