Publicador de contidos

Publicador de contidos

Von der Leyen: "A UE non aceptará que a migración se use para meterlle presión a un Estado membro"

Von der Leyen: "A UE non aceptará que a migración se use para meterlle presión a un Estado membro"

A presidenta da Comisión Europea aposta por reforzar o control das froneiras exteriores e ofrece máis apoio a España 

G24.gal 03/08/2026 13:12

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, trasladou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que a Unión Europea non aceptará que a migración irregular se utilice como "instrumento de presión" contra un Estado membro. Nunha carta remitida ao xefe do Executivo, asegura que a protección das fronteiras exteriores é unha responsabilidade compartida para preservar a integridade do espazo Schengen. 

Von der Leyen considera que a crise migratoria de Ceuta evidencia a necesidade de reforzar o control fronteirizo con maior vixilancia e, cando sexa preciso, con barreiras físicas. Tamén aposta por intensificar a cooperación cos países de orixe e tránsito, combater as redes de tráfico de persoas e acelerar os retornos. 

A pesidenta da Comisión Europea felicitou a Sánchez pola xestión da crise e ofreceu máis apoio financeiro e operativo a España, incluíndo un posible reforzo de Frontex, así como a colaboración do Europol e da Axenda de Asilo da UE. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade