Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta permitirá que funcionarios realicen xestións en nome de persoas sen habilidades dixitais

A Xunta permitirá que funcionarios realicen xestións en nome de persoas sen habilidades dixitais

A medida persegue reducir a fenda dixital ante o crecente aumento dos cidadáns que usan os medios electrónicos para as súas xestións

Esta iniciativa garantirá o uso universal da Administración electrónica e estará dirixida a persoas maiores sen habilidades dixitais

A Xunta fará unha guía práctica de avaliación ambiental para facilitar trámites

G24.gal 03/08/2026 12:59 Última actualización 03/08/2026 18:57

O Consello aprobou poñer en marcha un novo servizo que permitirá que os funcionarios habilitados fagan xestións telemáticas en nome das persoas que así o soliciten.

O Consello da Xunta aprobou o decreto que regula o rexistro do persoal funcionario público habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónica, destinado a proporcionar toda a axuda necesaria no uso da Administración dixital a persoas que non dispoñen da capacitación ou dos medios para facelo. Segundo reivindicou o Goberno galego, esta iniciativa garantirá o uso universal da Administración electrónica e estará dirixida a persoas maiores sen habilidades dixitais.

Esta norma afectará ao persoal funcionario en activo que atende de forma presencial á cidadanía nas oficinas da Xunta, así como ao que se encarga de expedir copias auténticas ou que necesitan de identificación e sinatura electrónica en procedementos determinados.

Deste xeito, estes funcionarios axudarán ás persoas físicas que non dispoñan dos medios ou coñecementos necesarios para relacionarse dixitalmente coa Administración.

Bastará con que a persoa solicite esta asistencia nas oficinas de atención aos cidadáns e no rexistro ou, no seu caso, na dependencia do órgano tramitador, identifíquese e dea o seu consentimento expreso para cada actuación a través dun formulario.

"O persoal empregado público habilitado poderá utilizar a identificación e a sinatura electrónica, pero non accederá ao contido da documentación presentada nin comprobará a súa veracidade ou o cumprimento dos requisitos da tramitación", apuntaron desde o Executivo autonómico. 

Na comparecencia de prensa posterior á reunión habitual do Goberno galego, a última antes do parón estival, Rueda explicou que a medida persegue reducir a fenda dixital ante o crecente aumento dos cidadáns que usan os medios electrónicos para as súas xestións. 

"Iso non quere dicir que os funcionarios poidan ter permiso de acceso ao contido da documentación aportada polos cidadáns", explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade