Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os estadounidenses Lawrence e Olsen, campións do mundo de 100 km en Ames

Os estadounidenses Lawrence e Olsen, campións do mundo de 100 km en Ames

Gran éxito de participación e de público polas rúas de Bertamiráns, onde transcorreron as probas

G24.gal 20/09/2026 22:52

As rúas de Bertamiráns, no concello de Ames, enchéronse de atletas para disputar o campionato do mundo de 100 km. O estadounidense Charlie Lawrence venceu na categoría masculina cun tempo de 6 horas 9 minutos e 25 segundos. Carlos Gazapo, décimo, foi o mellor español.

Na categoría feminina, impúxose a tamén estadounidense Courtney Olsen. Tardou 7 horas 10 minutos e 31 segundos. Gemma Arenas acadou a medalla de bronce e resultou fundamental para que España acadase a prata por equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade