Publicador de contidos

Publicador de contidos

Duplantis, ouro e novo récord mundial con 6,30 metros

Duplantis, ouro e novo récord mundial con 6,30 metros

O sueco ten un palmarés impresionante que se resume en dous ouros olímpicos, tres mundiais ao aire libre e tres en pista cuberta, tres europeos ao aire libre e un baixo teito e 41 vitorias en probas da Liga Diamante

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 15/09/2025 16:15 Última actualización 15/09/2025 16:19

O pertiguista sueco Armand Duplantis logrou este luns a medalla de ouro nos Mundiais de atletismo de Tokyo, nos que ademais volveu bater o seu propio récord mundial con 6,30 metros no seu terceiro e último intento.

A medalla de prata foi para o grego Emmanouil Karalis (6,00) e o bronce para o australiano Kurtis Marschall (5,95) con marca persoal.

Desde a súa primeira medalla de ouro en 2018 nos Europeos de Berlín e na proba da liga Diamante de Estocolmo, Duplantis acumula un palmarés impresionante que se resume en dous ouros olímpicos, tres mundiais ao aire libre e tres en pista cuberta, tres europeos ao aire libre e un baixo teito e 41 vitorias en probas da liga Diamante, competición na que conquistou cinco veces o 'diamante'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos