Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mundo do fútbol e Navahermosa despiden en silencio a Jesús de Miguel

O mundo do fútbol e Navahermosa despiden en silencio a Jesús de Miguel

Antes de cada partido gardarase un minuto de silencio na súa memoria e, no minuto 9 (o seu dorsal) o xogo deterase para lembralo

Foto EFE
G24.gal 05/11/2026 17:51 Última actualización 05/11/2026 17:57

O silencio marcou este xoves o funeral do dianteiro do Club Deportivo Tenerife Jesús de Miguel, falecido o martes tras un golpe sufrido polo porteiro do Andorra, Jesús Owono, no estadio Heliodoro Rodríguez López. Ao funeral, oficiado na localidade toledana de Navahermosa, acudiron numerosos representantes do mundo do fútbol e veciños da vila, que arrouparon a familia do futbolista.

Nesta vila dos Montes de Toledo, duns 3.500 habitantes, pasou tempadas durante a súa infancia o futbolista, polo que os veciños de Navahermosa coincidiron en sinalar este xoves que o suceso é "unha pena e unha inxustiza".

E é que desde o martes 3 de novembro, día en que faleceu De Miguel, de 30 anos, a pena invadiu as rúas de Navahermosa, vila dos seus pais e avós e cuxo Concello decretou tres días de loito oficial en sinal de dó.

Os restos mortais do xogador chegaron á primeira hora deste xoves ao tanatorio de Navahermosa e a chegada do equipo e o corpo técnico do CD Tenerife, vestidos de rigoroso loito, foi un dos momentos máis emotivos da xornada.

Finalmente non se vai suspender a xornada en Primeira e Segunda División. Antes de cada partido gardarse un minuto de silencio na súa memoria e, no minuto 9 (o seu dorsal) o xogo deterase para lembralo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade