María Pérez acada o seu terceiro ouro mundial nos 35 quilómetros marcha
A marchadora entra na historia e aínda terá outra oportunidade nos 20 quilómetros o sábado que vén
O galego Dani Chamosa rematou de sexto a proba masculina
Comezaron os mundiais de atletismo en Toquio, e fixérono cunha grande noticia para o depote español. A marchadora María Pérez entrou na historia, impoñéndose na proba de 35 quilómetros, co que acadou o seu terceiro ouro mundial, algo que ninguén fixera antes. A campioa olímpica vixente aínda terá outra oportunidade nos 20 quilómetros. Como ela misma indicaba, agora vai descansar o máximo posible para intentar sumar outro metal
No que atinxe aos deportistas galegos, Dani Chamosa participou nesta proba de 35 quilómetros na categoría masculina. Rematou de sexto, un resultado que, nas súas propas palabras, superaba as súas propias expectativas. Agora, Chamosa vai quedar animar á súa irmá Antía, tamén presente nestes campionatos, e que compite dentro dunha semana.