Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo acusa o Goberno de reaccionar con debilidade en Ceuta e provocar un efecto chamada nos migrantres

Feijóo acusa o Goberno de reaccionar con debilidade en Ceuta e provocar un efecto chamada nos migrantres

O lider do PP culpa da crise migratoria de Ceuta "á gran chamada ás mafias" desde o Goberno "dicindo que isto é fácil"

Feijóo insiste en que o Goberno tiña que ser coñecedor de que "máis de 70.000 persoas" se direixian cara a fronteira e que non tiña o "exército despregado"

Feijóo: "É un feito histórico que aínda non rematou porque hai miles de persoas que aíndan andan deambulando polas rúas de Ceuta"
 

O presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, este domingo en Ceuta, durante a entrevista concedida a Televisión de Galicia
G24.gal 02/08/2026 14:05

 O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, de visita en Ceuta desde onte sábado, aproveitou este domingo  para manter unha xuntanza cos representantes dos principais sindicatos da Policía Nacional e asociacións profesionais da Garda Civil para coñecer a situación vivida na cidade nas últimas horas. Tralo encontro, o lider popular  apostou por reforzar os medios humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Alberto Núñez Feijóo tamén acudiu na mañá deste domingo ao Santuario da Virxe de África, patroa da cidade. Posteriormente, antes de abandonar Ceuta, o presidente nacional do PP concedeu unha entrevista ao enviado especial da Televisión de Galicia, Marcos Sueiro, para falar da crise migratoria e da situación actual en Ceuta.

"É un feito histórico que un territorio español fora ocupado por máis de 70.000 persoas doutro país. É un feito histórico que aínda non rematou porque hai miles de persoas que aínda están deambulando polas rúas de Ceuta. Hai máis de 67 mortos en augas españolas, non sabemos cantos son en augas marroquís, polo tanto esta é unha crise humanitaria e é unha ruptura da soberanía nacional e da integridade territorial de España", comezou dicindo o lider nacional do PP

"É un feito singular nos últimos séculos", dixo Feijóo. "Paga a pena saber o que pasou, porqué pasou, cales son os responsables e o papel do Goberno de España. O papel ridículo que fixemos desde o punto de vista internacional", insiste Feijóo.

Para o lider do PP, a esta crise migratoria chegouse por "tres causas fundamentales":

"Falta de política migratoria, un fracaso na política de seguridade e un fracaso na política exterior."

Os ceutíes "acreditan que de normalidade nada"

Sobre a normalidade da que fala o Goberno central en Ceuta, o lide popular asegura que nas rúas os cidadán ceutíes"acreditaran que de normalidade nada". Feijóo salienta que "durante 36 horas as familias non poideron saír á rúas, a maioría das tendas tiveron que pechar e estiveron nunha situación absolutamente dramática".

Explica Feijóo que "esta ocupación de 70.000 persoas" non ocorrre de repente. "É evidente que os servizos de intelixencia españois deberían de coñecer que había unha masa de 70.000 persoas que se aproximaba a fronteira e, sen embargo, segundo o Goberno, non tiñan información de nada".

Feijóo: "Se o Goberno non tiña información de nada entonces a crise de seguridade de España é absoluta

"Eu quero pensar o que o Goberno está mentindo, porque se é certo que o Goberno non tiña información de nada entonces a crise de seguridade de España é absoluta. (...) Decir que o Goberno non se entera e que improvisa todo o dispositivo, non sei cal das dúas cousas é píor".

Feijóo di que no momento da "ocupación" só había despregados na fronteira "uns 50 efectivos" da Policía e da Garda Civil

Insiste o lider do PP en que "o certo é que as persoas entraron  e o exército non estaba despregado. A Policía e a Garda Civil que estaban na fronteira nese momento, segundo os sindicatos, eran aproximadamente 50 efectivos e se produce unha ocupación durante un día e medio; e miles de persoas aíndan están nas rúas".

A xente está atemorizada e dasanimada porque non sabe se volverá producir, di o lider do PP 

Nas rúas de Ceuta reina o desánimo, explica Núñez Feijóo. Segundo el porque no "ano 2021 entraron 15.000 persoas e agora 70.000, miles delas siguen nas rúas, reitero". "A xente está atemorizada e desanimada porque non sabe se se volverá producir".

"O fracaso da política migratoria, da política exterior e da política de seguridade española é lamentable", laiase Feijóo

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade