Brais Méndez debuta con gol no Colombus Crew da MLS
Anotou un gol de falta que valeu o empate fronte o Inter Miami de Messi e compañía
@ColumbusCrew
Brais Méndez xa marca goles nos Estados Unidos. O mosense debutou na madrugada do sábado ao domingo co seu novo equipo, o Colombus Crew. Este primeiro partido foi contra o Inter Miami, o equipo de Messi, Luis Suárez, De Paul ou a última fichaxe, Casemiro, que se meteu un gol en propia.
Brais anotou o gol que puxo o definitivo 2-2. Foi nun lanzamento de falta que parecía un centro, pero que rematou no fondo da rede ante as dúbidas de todos os presentes na área.
Brais Méndez free kick in his debut! 💥
— Major League Soccer (@MLS) August 2, 2026
The former Real Sociedad midfielder equalizes it for @ColumbusCrew against Miami. pic.twitter.com/z0GEuZqM1R
Despois do partido, no vestiario, o mosense foi protagonista dunha das tradicións do deporte americano. Aínda que no fútbol é habitual entregar a pelota tras un hat-trick, nos EUA o equipo entrega en ocasións o balón do partido a un xogador concreto. Pode ser por un debut, un récord ou unha data especial. E onte, tocoulle a Brais.
Méndez made his debut count 🙌
— The Crew (@ColumbusCrew) August 2, 2026
No. 10 is getting off to a strong start with the Black & Gold 🖤💛 pic.twitter.com/BFGMiwbDo3