Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Brais Méndez, traspasado pola Real Sociedade ao Columbus Crew dos EUA

O galego Brais Méndez, traspasado pola Real Sociedade ao Columbus Crew dos EUA

O conxunto donostiarra recibe seis millóns de euros de uros polo traspaso do xogador de Mos

G24.gal 03/07/2026 11:38 Última actualización 03/07/2026 11:46

A Real Sociedade e o Columbus Crew Soccer Club chegaron a un acordo para o traspaso do xogador Brais Méndez ao conxunto estadounidense por seis millóns de euros, nun acordo supeditado a que o xogador supere o recoñecemento médico e obteña o permiso de traballo, informou este xoves o club donostiarra nun comunicado.

Brais Méndez deixa a Real Sociedade con 166 partidos oficiais e 33 goles ás súas costas. O centrocampista galego chegou a Donostia procedente do Celta de Vigo o verán de 2022 e completou "catro exitosas tempadas", no club guipuscoano, na última das cales se proclamou campión da Copa do Rei, sinala a Real Sociedade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade