O Celta Fortuna pecha as súas primeiras fichaxes: Olmedo e Cuenca
Alexis Olmedo é un central que vén do Barça Atlètic
Hugo Cuenca vén do Genoa, tras estar media tempada no filial do Burgos. Disputou 3 partidos coa absoluta de Paraguai.
Imaxes de @FCBarcelonaB e @GenoaCFC
O Celta Fortuna segue preparando o seu debut na Liga Hypermotion. O filial celeste pechou as dúas primeiras fichaxes para esta tempada: Alexis Olmedo e Hugo Cuenca.
Olmedo chega dende o filial do Barcelona. É un central que ten capacidade tamén para xogar no lateral dereito. Estivo na Masía dende a categoría prebenxamín. O manresán chega traspasado e é un vello anhelo do Celta, que xa intentara fichalo o ano pasado.
En canto Hugo Cuenca, chega como cedido cunha opción de compra cercana ao millón de euros. O paraguaio xa disputou 3 partidos coa selección absoluta.
Pasou por Capiatá, equipo do seu país, para posteriormente chegar a Europa da man do Milán. Estaría na canteira "rossonera" ata o 2025, ano no que o Xénova o incorporou ao seu equipo. Tras disputar a segunda metade da tempada co filial do Burgos (9 partidos, 2 goles), o paraguaio reforzará a liña ofensiva do Celta Fortuna.
Ambos chegaran a Vigo esta semana.
