Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo Monumental impugnará a ordenanza municipal de baixas emisións da zona vella

Lugo Monumental impugnará a ordenanza municipal de baixas emisións da zona vella

A asociación vai recorrela porque cre que é unha unha normativa ríxida e que non se tiveron en conta outras alternativas 

Rúa da zona monumental de Lugo. TVG.
G24.gal 03/08/2026 15:21

A Asociación Lugo Monumental vai impugnar a ordenanza de baixas emisións da zona histórica que aprobou o Concello.

Recoñecen que se fixeron modificacións positivas, pero cren que a normativa é demasiado ríxida para unha cidade que non ten ningún problema de contaminación.

O Concello de Lugo aprobou a ordenanza de baixas emisións a finais de xullo, despois de incorporar 16 das 41 alegacións presentadas.

A Asociación Lugo Monumental vaina impugnar porque cre que é unha unha normativa ríxida e que non se valoraron alternativas.

"Como pode ser facer peonís as rúas por tramos horarios. En Portugal abren ou pechan rúas dependendo de se son días de mercado ou non", asegura Luis Latorre, presidente da Asociación Lugo Monumental.

Falan tamén da necesidade de mellorar o transporte e o estacionamento público, de que as persoas con mobilidade reducida podan estacionar máis de dúas horas ou de que as sancións poidan ter un 50 % de redución se se pagan en prazo.

"En Lugo non temos episodios de contaminacion. Non é Madrid nin Barcelona. Non hai a necesidade de facer unha ordenanza restritiva. A única restrición que hai é polo peso dos coches. Que pasa? Que o solo rompe", engade Luis Latorre.

Din que a Ordenanza de baixas emisións non establece ningunha cifra de emisións concreta.

"Aquí a ordenanza case non se vai notar", conta un veciño.

"Estou de acordo con que haxa peonalizacións, pero cunha orde. Hai que deixar sitio para que pasen os coches e non estar levantando as rúas cada pouco", opina outra veciña.

Lugo Monumental impugnará a ordenanza en canto saia publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade