Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural dá por controlado o incendio forestal de Palas de Rei que queimou 20 hectáreas

Medio Rural dá por controlado o incendio forestal de Palas de Rei que queimou 20 hectáreas

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, apunta á intencionalidade do lume e di que cada ano se producen incendios nesa mesma zona

Medio Rural lembra o número de teléfono gratuíto 085 para chamar se algún cidadán detecta algún incendio forestal

G24.gal 03/08/2026 16:33

A Consellería do Medio Rural deu por controlado este luns o incendio forestal rexistrado este domingo no concello lucense de Palas de Rei, que afecta a unha superficie estimada de 20 hectáreas, na parroquia de Cuíña, na serra do Careón.

Para a súa extinción mobilizáronse cinco técnicos, 11 axentes, 23 brigadas, 18 motobombas, unha pa, tres helicópteros e oito avións.

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, apunta á intencionalidade do lume e di que cada ano se producen incendios de forma reiterada nesa mesma zona. 

Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, tamén está dispoñible para a súa descarga Alume, a aplicación para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade