Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prorroga un mes máis as medidas de prevención fronte á dermatose bovina

A Xunta prorroga un mes máis as medidas de prevención fronte á dermatose bovina

Non se descarta unha prórroga máis “en función da evolución epidemiolóxica”

Medio Rural lanza unha mensaxe de tranquilidade ao sector porque non “existe constancia de ningún caso desta enfermidade en Galicia”

 

Europa Press (Arquivo) Europa Press (Arquivo)
G24.gal 30/07/2026 16:51

A Xunta de Galicia prorrogou durante un mes máis as medidas de prevención para protexer á cabana bovina galega da dermatose nodular contaxiosa e o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a correspondente resolución da Consellería do Medio Rural, que terá efecto entre os días 1 e 31 de agosto, ambos inclusive, coa posibilidade de prolongala no tempo “en función da evolución epidemiolóxica”.

Segundo explicou a Consellería do Medio Rural nun comunicado, a análise do risco sanitario existente, que se realiza de forma permanente polos Servizos Veterinarios Oficiais, aconsella manter de momento as medidas cautelares establecidas en Galicia.

Permítense as feiras de gando, pero só con animais de granxas galegas 

Seguen estando permitidas as feiras, certames, poxas, mercados e concentracións de gando bovino, pero coa condición de que só participen nas mesmas animais procedentes de granxas galegas.

De feito, o goberno galego envía unha “mensaxe de tranquilidade” ao sector, dado que non “existe constancia de ningún caso desta enfermidade en Galicia”. Lembra ademais que tampouco se transmite ás persoas.

Ao mesmo tempo, segue reclamando ao Ministerio de Agricultura “máis coordinación e que lidere no marco da Unión Europea” o desenvolvemento “dunha vacina que poida utilizarse de forma preventiva”. Tamén que “se aplique maior flexibilidade nas medidas a tomar” cando se detecte un caso da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade