Espléndida colleita de arando en Galicia grazas a intensa calor deste verán
560.000 quilos sairon desde a empresa Cool Farms, a maior productora en cultivo ecolóxico
O 80 por cento dos seus arandos véndese en fresco, o resto en conxelado para exportar
Desde estas 150 hectáreas saíron no verán 560.000 quilos de arandos que forneceron os padais máis esixentes do país e tamén de fóra. Producen en ecolóxico. Son máis doces e teñen mellor textura. Prodúcenos en Cerdido.
A intensa calor deste verán propiciou que o froito madurara antes e que se adiantara a colleita 15 días. O 80 por cento dos seus arandos véndese en fresco, o resto vai para varios países europeos que teñen outros modos de consumo.
Nesta empresa plantan 13 variedades. (Agora xa preparan as plantas para a produción do ano que vén) Son autosuficientes en auga, que recollen en balsas durante o inverno e en electricidade grazas ás placas solares. E a pesar do que se pensa, o arando precisa pouca auga. O seu maior inimigo, o pedrazo, este ano libraron e poden presumir dunha colleita excelente.