A estudande de Granada asasinada en México é a cuarta vítima na mesma universidade
O goberno de México súmase á investigación do crime
Claudia Tacoronte deixou pegada na Universidade de Morelos, no centro de México, e lembrárona cunha homenaxe, para protestar polo seu asasinato. Tiña 21 anos, era de Gran Canaria pero estudaba Educación Infantil en Granada e levaba pouco tempo de intercambio. Chegara en agosto. E esa universidade foi a súa primeira opción na solicitude.
Matárona o sábado cunha navalla na Casa da Cultura, pero aínda non se sabe quen a atacou nin por que. Á falta da confirmación definitiva, a Fiscalía fala dun feminicidio, un asinato por razóns de xénero, por ser muller. E o caso mobilizou incluso o Goberno mexicano.
Con Claudia son catro as alumnas da Universidade de Morelos asasinadas en apenas sete meses. Na Universidade de Granada din que non o sabían. E toda a comunidade educativa está conmocionada. De feito suspendeu os próximos intercambios que tiñan previsto co campus mexicano.