O lobo mata un poldro no núcleo de Grille, en Mazaricos
Na zona amósanse preocupados porque cada vez se achega máis ás casas e ás persoas
Nos últimos meses houbo ataques en granxas de Grille, Agris, e Alborés
É a última vítima dos lobos en Mazaricos. Unha loba lactante e un macho devoraron un poldro mentres pastaba nun terreo situado no propio núcleo da de Grille. E iso precisamente é o que máis preocupa nesta e noutras parroquias veciñas onde din que cada vez se achega máis ás casas.
Na zona son moitos os que se axudan de cans e de pastores para protexer o gando. Pero son medidas que non sempre funcionan.
Non moi lonxe, na parroquia de Alborés, un lobo entrou recentemente nunha corte e matou unha xata. E noutra granxa o gando salvouse grazas a este mastín. Moitos cren que veñen buscando a comida que lles falta no monte.
Malia que a presenza do lobo non é nova en Mazaricos, os veciños amósanse sorprendidos pola actitude do animal, cada vez máis confiado, din, ante a presenza dos humanos.