Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lobo mata dez ovellas dunha explotación de Cervantes

O lobo mata dez ovellas dunha explotación de Cervantes

Morreron tamén dúas cabras a man da mesma manda, mentres que outras tres ovellas están desaparecidas, con miles de euros en perdas

As dúas cabras máis vellas foron as únicas superviventes do ataque
Félix Aragunde 02/09/2026 21:15

Nun ataque atribuído ao lobo, morreron dez ovellas e dúas cabras, mentres que outras tres cabezas de gando ovino permanecen desaparecidas. Sucedeu nunha explotación de Couso, na parroquia do Castro, onde tan só quedaron vivos dous dos animais do rabaño.

"Topámonos con ovellas e cabras mortas, e ao mediodía puidemos achegarnos e controlar todas as que estaban vivas e mortas. Só quedaron dúas cabras vivas, que viñeron a este prado xunto á casa, e outras tres están desaparecidas", sinala Sonia Martí, dona do gando atacado

A dona do gando, natural de Barcelona e con raíces nesta zona dos Ancares, estima que as perdas ascenden a miles de euros. Pide, por tanto, unha compensación económica e que as autoridades tomen medidas para facer viable a súa actividade. 

"Temos unha explotación de abellas e unha pequena explotación de ovellas e cabras, pero agora ímola parar ata aclarar as ideas. Chamamos a Medio Ambiente, viñeron facer todo o proceso e téñennos que pagar agora todos os danos polo lobo", explica Martí. 

Os restos dos animais que resultaron mortos no ataque xa foron retirados, pero o susto segue no corpo dos superviventes e a preocupación, no da súa propietaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade