Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado un incendio en Palas de Rei tras queimar unha 20 hectáreas

Estabilizado un incendio en Palas de Rei tras queimar unha 20 hectáreas

O lume iniciouse na parroquia de Cuíña pouco antes das 18:00 horas deste domingo

Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo
G24.gal 02/08/2026 22:52 Última actualización 02/08/2026 23:02

Un incendio forestal declarado pouco antes das 18:00 horas deste domingo no concello de Palas de Rei está estabilizado tras queimar unhas 20 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 4 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 8 avións. O lume iniciouse na parroquia de Cuíña.

A Xunta lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal, así como a aplicación ALume para avisar sobre estes incendios.

Ademais, existe un teléfono anónimo e de balde para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade