Publicador de contidos

Publicador de contidos

En España a superficie queimada este ano está xa en 186.544 hectáreas forestais calcinadas

En España a superficie queimada este ano está xa en 186.544 hectáreas forestais calcinadas

O incendio forestal de Fermoselle, en Zamora, segue activo

É o quinto incendio maoir do verán en España en superficie queimada, con 11.134 hectáreas

En Cáceres, o incendio declarado este sábado na localidade de Casas de Millán tamén segue activo, co 70 % perimetrado, as 800 personas evacuadas poden xa volver ás súas casas

G24.gal 02/08/2026 14:52

O incendio forestal de Fermoselle, en Zamora, segue activo. Na tarde do sábado reactivábase nun dos puntos, pero está xa estabilizado. Este é o quinto incendio maoir do verán en España en superficie queimada, con 11.134 hectáreas.

En Cáceres, o incendio declarado este sábado na localidade de Casas de Millán segue activo, pero foi perdendo forza e está en vías de estabilización, tras unha noite de traballo sen descanso para os equipos de Extinción. Co 70 % perimetrado, as 800 personas evacuadas poden xa volver ás súas casas, aínda que deberán quedar confinadas. Hai unhas 1.500 hectáreas e 20 quilómetros de perímetro de superficie afectada.

"A noite foi moi dura, a partir das tres e media o vento calmou iso permitiu atacar o incendio, a partir das catro da mañá púidose  cortar a progresión do lume que avanzaba moi rápido por ese vento", di o vicepresidente e conselleiro de Presidencia da Junta de Estremadura, Abel Bautista.

O lume forestal da Serra Oeste da Comunidade de Madrid non rexistrou reactivacións durante a noite e continúa en situación operativa 2 do Plan Especial de Protección Civil de Emerxencia por Incendios Forestais. Durante a madrugada traballaron na zona 20 dotacións terrestres de Bombeiros da Comunidade de Madrid, Bombeiros e Axentes Forestais, xunto a unha sección da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que desenvolveron labores de vixilancia e arrefriaron o perímetro.   

En Castela A Mancha, o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais rebaixou a pasada noite a situación operativa nivel 0, o máis baixo e sen risco para a poboación, o incendio forestal declarado en Puebla de Don Rodrigo, en Ciudad Real. A pesar de mellorar as condicións na zona, o operativo mantén sobre o terreo 20 medios terrestres e 118 efectivos, entre brigadas forestais e axentes medioambientais.

En Cataluña, os Bombeiros da Generalitat traballan este domingo no lume do municipio de Vilaller, en Lleida. Traballan cinco medios aéreos e grupos de actuacións forestais. Actualmente, as lapas céntranse en barrancos con moita pendente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar