Galicia despide a festa do Albariño cos novos embaixadores
Nesta ocasión foron nomeados damas e cabaleiros o alcalde de Ribadumia, o embaixador da China en España, a conselleira de infraestruturas e vivenda, o cirurxán Diego González Rivas e a presidenta do Celta de Vigo
Alfonso Rueda participou no acto e puxo en valor a calidade dos caldos galegos
Cambados despide a súa edición número 74 da festa do Albariño.
O prato forte deste domingo foi o Capítulo Serenísimo onde se nomean os novos embaixadores deste viño.
Nesta ocasión foron nomeados damas e cabaleiros: o alcalde de Ribadumia, o embaixador da China en España, a conselleira de infraestruturas e vivenda, o cirurxán Diego González Rivas e a presidenta do Celta de Vigo.
O presidente da Xunta participou no acto e puxo en valor a calidade dos caldos galegos. Alfonso Rueda destacou o peso do sector vitivinícola na economía de Galicia:"Galicia necesita cousas das que presumir e témolas e a xente, que cada vez é máis selectiva, aposta por aquelo que vale a pena e os viños e todo o que os rodea merece a pena e cada vez máis".