Cargando resultados...
Cambados despide a edición 73 da Festa do Albariño co Capítulo Serenísimo
Asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, canda 45 confrarías gastronómicas de España e Portugal
G24.gal
03/08/2025 21:39
Cambados despide hoxe a edición número 73 da Festa do Albariño, cun dos actos centrais deste evento que é o Capítulo Serenísimo, no que se nomean os novos embaixadores deste viño. Asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, canda 45 confrarías gastronómicas de España e Portugal.
Entre as damas e cabaleiros que se comprometen a promover o albariño, están a actriz María Mera ou a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana. De mestre da cerimonia exerceu Feijóo, que falou dos retos do rural.