Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Albariño e Chayanne encabezan a axenda da fin de semana

O Albariño e Chayanne encabezan a axenda da fin de semana

Cambados convértese no epicentro da festa 

Chayanne e a Romaría Vikinga, outras das grandes citas destes días 

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 30/07/2026 10:57

A primeira fin de semana de agosto chega cargada de moito viño, música e actividades por toda Galicia. A Festa do Albariño é unha das grandes celebracións do verán e comparte protagonismo co concertos, festivais e festas gastronómicas repartidas polas catro provincias. 

Música

Concerto de Chayanne (30 de xullo, Castrelos): o artista portorriqueño fai parada en Vigo para protagonizar un dos concerto máis esperados do verán no auditorio de Castrelos. 

Concerto de Romeo Santos e Prince Royce (30 de xullo, A Coruña): o Peirao da Batería acolle os bachateiros nunha xornada chea de música e moito baile. 

Son Rías Baixas Festival (do 30 ao 1 agosto, Bueu): o festival regresa cun cartel que reúne algunha das bandas e artistas mási destacados do panorama actual. 

Costa Feira (do 30 ao 1 agosto, Sanxenxo): o ciclo de concertos segue enchendo de música as Rías Baixas cunha nova fin de semana de acuacións nun dos escenarios de referencia do verán. 

Montalvo Fest (30 de xullo, Sanxenxo): a praia de Montalvo volverá ser o escenario deste festival que combina a música de verbena e ambiente festivo nun dos areais máis concorridos de Sanxenxo. 

Festas de María Pita (a partir do 1 de agosto, A Coruña): a programación das festas herculinas dá inicio co pregón a cargo de Lucía Veiga e o concerto de Luz Casal. 

Gastronomía 

Festa do Albariño (do 29 de xullo ao 2 de agosto, Cambados): a vila do Salnés volve recibir milleiros de visitantes nunha xornada chea de catas, degustacións e concertos. 

Festa do Percebe (1 e 2 de agosto, Cedeira): a localidade coruñesa rende tributo a un dos mariscos máis prezados da costa galega cunha nova edición. 

Festa do Mexillón (1 e 2 agosto, Rianxo): un evento con milleiros de persoas para degustar un dos produtos máis representativos das rías galegas. 

Tradición 

Romaría Vikinga (do 29 e xullo ao 3 de agosto, Catoira): os Drakkars volverán navegar polo Ulla na recreación histórica máis coñecida de Galicia. 

Feira Medival en Ferrol (do 30 ao 2 de agosto, Ferrol): o centro histórico énchese de postos de artesanía, música, animación e espectáculos para recrear o ambiente das antigas vilas medievais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade