Cargando resultados...
Comezan as festas da Romaría de Santa Minia de Brión
O escultor Camilo Seira fixo dúas esculturas para homenaxear a festa na Carballeira da Santa Minia
G24.gal
25/09/2026 14:49
Comezan en Brión a romaría de Santa Minia. Declarada de Interese Turístico de Galicia é unha das festas máis antigas do país e que congrega máis xente. En 2023 un fungo nas árbores da carballeira de Santa Minia obrigou a mudar os espazos da festa. Agora, en homenaxe a este espazo tan senlleiro, o escultor Camilo Seira ultima os detalles de dúas pezas que, sen dúbida, manterán o espírito do lugar e da xoldra.