Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa León XIV, operado con éxito da extirpación do nódulo pulmonar

O papa León XIV, operado con éxito da extirpación do nódulo pulmonar

A intervención do pontífice, de 71 anos, realizouse no Hospital Gemelli de Roma e estivo a cargo dun equipo médico dirixido polo cirurxián torácico Stefano Margaritora

directo O papa entrando no hospital, antes de ser operado. Reuters
G24.gal 13/10/2026 20:00

A operación á que se someteu o papa León XIV para extirparlle un nódulo no pulmón "concluíu con éxito", informou este martes a oficina de prensa do Vaticano.

"A intervención concluíu positivamente, dentro dos prazos e segundo o previsto, e o Santo Padre regresou ao seu cuarto", indica o comunicado vaticano remitido aos medios.

O nódulo foi diagnosticado nunha fase inicial 

A intervención do pontífice, de 71 anos, realizouse no Hospital Gemelli de Roma e estivo a cargo dun equipo médico dirixido por Stefano Margaritora, cirurxián torácico experto en intervencións destas características.

León XIV, que foi operado esta tarde, ingresou hoxe mesmo no Policlínico Gemelli pouco despois da 13.00 hora local e realizou o seu ingreso a pé e de xeito sereno, acompañado polos seus dous secretarios e o seu médico privado.

O propio papa anunciou o pasado domingo, tras o rezo do ángelus, que se sometería a esta intervención tras detectárselle un nódulo nun pulmón, detectado nunha fase moi inicial e ben localizado.

A operación produciuse a menos dun mes da viaxe que ten previsto realizar ao Uruguai, Arxentina e ao Perú do 6 ao 17 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos