Publicador de contidos

Publicador de contidos

León XIV será hospitalizado este martes a mediodía para ser operado do nódulo no pulmón

Vatican Media/­Simone Risoluti Vatican Media/­Simone Risoluti
G24.gal 12/10/2026 14:10 Última actualización 12/10/2026 14:24

O papa León XIV será hospitalizado no Policlínico Gemelli de Roma este martes ao mediodía para ser operado do nódulo que se lle descubrirpm nun pulmón, informaron fontes da oficina de prensa do Vaticano.

Onte domingo, tras o rezo do Ángelus, o papa anunciou que será operado esta semana para extirpar un nódulo nun pulmón, detectado nunha fase moi temperá e ben localizado, segundo explicou o propio pontífice.

Fontes da Santa Sede indicaron este luns que o nódulo no pulmón de León XIV detectouse nunha revisión médica de "rutina" e anticiparon que o posoperatorio durará unha semana.

O pontífice estadounidense e peruano, de 71 anos, desenvolveu esta mañá a súa axenda con normalidade e reuniuse con varios arcebispos de diversas partes do mundo, entre eles o presidente da Conferencia Episcopal de Nicaragua, Carlos Enrique Herrera Gutiérrez, e o arcebispo arxentino Jorge Eduardo Lozano.

Segundo consta no habitual boletín diario do Vaticano, o papa mantivo sete audiencias esta mañá e,ademais de Herrera e Lozano, reuniuse co nuncio apostólico en Suíza, Liechtenstein e Mónaco, Martin Krebs; co presidente e secretario xeral de Cáritas Internacional, o arcebispo xaponés Tarsicio Isao Kikuchi e Alistair Dutton, respectivamente; co arcebispo estadounidense Timothy Broglio e co representante permanente da Santa Sé na Comunidade Económica do África Occidental, Michael Francis Crotty. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar