Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda móstrase orgulloso de formar parte dunha España "plural" e "unida"

Rueda móstrase orgulloso de formar parte dunha España "plural" e "unida"

O presidente da Xunta participa no acto solemne de homenaxe á bandeira nacional e o desfile militar e despois asiste á recepción dos Reis

Gardacostas de Galicia conta por primeira vez cunha representación do corpo no desfile

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a presidenta de Cantabria, María José Sáenz de Buruaga, e o presidente do Principado de Asturias Adrán Barbón (EFE/ Daniel González) O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a presidenta de Cantabria, María José Sáenz de Buruaga, e o presidente do Principado de Asturias Adrán Barbón (EFE/ Daniel González)
G24.gal 12/10/2026 11:15 Última actualización 12/10/2026 12:19

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse orgulloso de formar parte dunha España "plural" e "unida" con motivo da celebración este luns da Festa Nacional.

A través das redes sociais expresou esta mensaxe "Orgullosos de Galicia e de formar parte dunha España plural, unida e chea de futuro", antes de terminar desexando un feliz día da Festa Nacional.

Con motivo desta celebración, Rueda atópase en Madrid para participar no acto solemne de homenaxe á bandeira nacional e o desfile militar e despois asiste á recepción dos Reis.

Tamén asistirá ao desfile a conselleira do Mar, Marta Villaverde, xa que participa por primeira vez unha representación do corpo de Gardacostas de Galicia, dependente do seu departamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade