Catoira convértese de novo en territorio viquingo co seu tradicional desembarco
A festa, declarada de Interese Turístico Internacional, reuniu a miles de persoas ao redor das Torres de Oeste, escenario principal do momento central da xornada
Catoira volveu a converterse este domingo en escenario dunha das festas máis singulares de Galicia coa celebración da Romaría Viquinga, unha cita que recrea cada ano os desembarcos dos pobos nórdicos que, séculos atrás, intentaron avanzar polo río Ulla cara a Santiago de Compostela.
A festa, declarada de Interese Turístico Internacional, reuniu a miles de persoas ao redor das Torres de Oeste, escenario principal do momento central da xornada, que foi como todos os anos o desembarco viquingo.
Protagonizado polos tripulantes dos drakkars e por veciños e visitantes ataviados como guerreiros nórdicos, recrearon de forma simbólica o intento de invasión das terras de Iria Flavia.
A celebración rememora as incursións viquingas que entre os séculos IX e XI chegaron ás costas galegas e atoparon nas Torres de Oeste unha das principais defensas fronte ao seu avance cara ao interior.
La Romería Viquinga, que se celebra desde 1960, consolidouse como unha das grandes festas populares de Galicia e como un importante atractivo turístico para Catoira e o conxunto da comarca do Salnés.