Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo galeón participará na romaría viquinga de Catoira este verán

Un novo galeón participará na romaría viquinga de Catoira este verán

Os socios do Ateneo están preparando un novo barco despois do afundimento do Úrsula

A Asociación busca fondos para afrontar a remodelación da embarcación

Carlos Blanco actúa en Catoria este domingo para contribuír a este proxecto

G24.gal 08/05/2026 14:12

O Úrsula foi durante anos o barco empregado polos viquingos da Asociación Ateneo para invadir as Torres do Oeste en Catoira. Este vello barco de madeira que resistía a romaría cada verán non puido  sobrevivir os temporais do inverno de 2019.
 

"O primeiro desembarco deste barco foi no 2002 o tempo fixo o seu traballo e decidiu que se acabou e non hai por onde collelo e no 2019 tivemos que poñelo aquí e ir desmontando", di Miguel Ángel Arriaga, presidente.


Os socios do colectivo cultural metéronse a restaurar un antigo bateeiro para convertelo nun 'knorr' de 17 metros de eslora que queren que sexa o emblema da festa xa este verán. A nova nave viquinga mantén o mascarón de proa e a vela do Úrsula pero non será de madeira.

"É bastante máis grande que o Úrsula, ten máis envergadura, máis estilo viquingo... velo pola ría vai impoñer".
"Fóisenos un pouco das mans, é un gran barco que vai ser a envexa".
"Falamos dun presupuesto inicial duns 40.000 euros", explica Fernando Rial. Vicepresidente do Ateneo.
 

Os pouco máis de 130 socios do Ateneo buscan financiamento para poder rematar o proxecto. Contan coa colaboración este domingo do actor Carlos Blanco.

"Actuará o domingo dez, ás sete da tarde no auditorio de Catoira e necesitamos desesperadamente encher o auditorio, porque non hai outra", di o presidente.

O nome aínda está por decidir, sexa o Úrsula 2 ou Valhalla, paraíso dos viquigos, o novo galeón deberá estar rematado a mediados de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade