Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas reviven a chegada dos viquingos ao Vicedo

Milleiros de persoas reviven a chegada dos viquingos ao Vicedo

O desembarco, as vodas e os concertos son os actos centrais desta festa

G24.gal 26/07/2025 20:48

Dende hai oito anos cada verán celébrase na praia de San Román, no Vicedo, unha romaría na que se conmemora a suposta chegada dos viquingos a Galicia, uns feitos dos que quedan vestixios coma as áncoras ou a cerámica que se atopou na zona.

Nesta edición, ademais, acompañou o tempo polo que houbo milleiros de persoas celebrando unha festa na que se vivíu un desembarco, vodas, xogos, ou a creación dun campamento no que houbo exposición de armas, forxa e onde mesmo se puido asisitr ao tinguido e confección de tecidos.

"Intentamos que a práctica totalidade dos actos que hai sexan de día", comentounos Xosé Antonio Quelle, o técnico de Cultura e Turismo do concello do Vicedo, "xa que temos moi claro que esta é unha festa de carácter cultural".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar