Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os fogos artificiais volven alumar Santiago na despedida do Apóstolo

Os fogos artificiais volven alumar Santiago na despedida do Apóstolo

O espectáculo pirotécnico concentrou milleiros de persoas na escalinata do campus sur compostelán

The Rapants ofreceu na Quintana o concerto máis agardado das festas, que comezaron o 22 de xullo

As atraccións e a verbena animaron a Alameda ata altas horas da madrugada

G24.gal 01/08/2026 08:35 Última actualización 01/08/2026 11:21

Santiago despediu as súas festas grandes cun espectáculo pirotécnico que concentrou milleiros de persoas na escalinata do campus sur compostelán na medianoite. 

Un pouco antes, a praza da Quintana acollía o concerto de The Rapants, o máis agardado dunha celebración que botou a andar o pasado 22 de xullo.

Na Alameda, a orquestra Suavecito animaba a verbena e as atraccións funcionaban a pleno rendemento. A velada prolongouse ata altas horas da madrugada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade