Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambados sacará en procesión por terceira vez na historia a talla orixinal da Virxe Valvanera

Cambados sacará en procesión por terceira vez na historia a talla orixinal da Virxe Valvanera

A imaxe data do S.XVIII e mandárona traer os marqueses de Montesacro, propietarios da capela e do pazo, porque é a patroa da Rioxa, a súa terra natal

A talla orixinal só saíu en procesión no 1939 e no 2014

A talla xa foi apeada do altar principal para portala o domingo na procesión
G24.gal 01/09/2026 14:03

A capela de Valvanera forma parte dun conxunto arquitectónico do século XVIII que mandaron construir os marqueses de Montesacro xunto co pazo contiguo no barrio de Santo Tomé en Cambados. Tamén trouxeron unha imaxe da Virxe Valvanera porque é a patrona da sua terra natal, A Rioxa.

Nestes 3 séculos de historia a imaxe só saíu dúas veces na procesión das festas na sua honra, polo peso da talla e o seu valor. Pero este ano a comisión, por petición popular, obtivo permiso para facelo novamente.

Bárbara Silva, membro da comisión de festas e encargada da capela da Valvanera, explica que teñen unha réplica mais pequena e menos pesada da virxe que é a que sacan habitualmente na procesión pero este ano tiñan ilusión por facelo coa talla orixinal e o párroco mediou para lograr o permiso. 

Estes dias ultiman os preparativos para que a capela luza impecable a fin de semana. Xa baixaron a talla do altar principal e mesmo adaptaron as andas para poder portala mellor. A procesión sairá o domingo ás 8 da tarde. A comisión convida a todo o mundo a achegarse a venerar á patrona dos arrepentidos e conversos.

Outro dos atractivos da procesión é que sairán con vestimentas tradicionais. Teñen preparado tamén un amplo programa de actuacións musicais e probas deportivas para toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade